Rematada a recollida de libros para a iniciativa solidaria Libros por Haití, infórmase á comunidade universitaria das datas e centros onde terán lugar os mercadillos. Non deixedes pasar esta pequena oportunidade de axudar aos haitianos e de mercar boa literatura...
Os mercadillos, que estarán abertos de 10 a 18 horas, terán lugar os seguintes días:
- Mércores 10 de marzo, no Centro Comercial do Campus Lagoas-Marcosende (na Praza Miralles) e na Facultade de Filoloxía e Tradución. Tamén, pola tarde, no edificio anexo da Escola de Enxeñaría Técnica Industrial (en Torrecedeira)
- Xoves 11 de marzo, no Centro Comercial da Praza Miralles, na Facultade de Económicas e en no edificio anexo de Torrecedeira,
- Venres 12 de marzo, na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende,
- Luns 15 de marzo, na Facultade de Ciencias,
- Martes 16 de marzo, no Centro Comercial da Praza Miralles.
Os libros poden obterse a un prezo único de 4 euros, ingresándose a recadación final na conta que a Cruz Vermella Internacional ten destiñada a axudar ás víctimas do terremoto. Solidarízate con Haiti, participa e le!