A Biblioteca Universitaria organiza varios obradoiros nos tres campus sobre creación e xestión do perfil de investigador ORCID (nivel inicial). ORCID (Open Researcher & ContributorID) é un proxecto sen ánimo de lucro que ofrece un identificador único de 16 díxitos para os autores e autoras de publicacións científicas, pero á vez é un espazo para rexistrar os seus datos e traballos e, se se desexa, compartilos coa comunidade científica...
Co gallo do inicio dun novo período de exames, a Biblioteca Universitaria pon en marcha a súa programación de aperturas especiais a partir do vindeiro xoves, 18 de abril, ata o domingo 7 de xullo. Os calendarios e horarios destas aperturas son os seguintes...
O cuarto número do boletín Impacto está dedicado á relación de investigadores altamente citados segundo os datos da Web of Science para 2018. Clarivate analizou os artigos científicos publicados entre 2006 e 2016 incluídos en WoS, e seleccionou para cada un dos campos ESI (Essential Science Indicators) as persoas autoras dunha maior cantidade de artigos altamente citados (aqueles que se atopan no 1% máis citado no seu ámbito e ano de publicación, os denominados highly cited papers)...
Os pasados 31 de xaneiro e 1 de febreiro, a Área de servizos bibliométricos da Biblioteca Universitaria participou na "II Reunión de Servicios de Evaluación Científica de las Universidades", celebrada na Universidade de Córdoba, coa intervención da súa responsable Ana B. Martínez Piñeiro.
O persoal investigador da Universidade de Vigo publica cada ano centos de artigos científicos, capítulos de libros, monografías, comunicacións... A Biblioteca Universitaria presenta o estudo dos datos máis relevantes das publicacións da Universidade de Vigo en 2017, recollidas en Web of Science (WoS) e Scopus, e a evolución das publicacións nos últimos 10 anos...