13 marzo, 2019 | 11:51:00

Dispoñible o número 4 do boletín Impacto

O cuarto número do boletín Impacto está dedicado á relación de investigadores altamente citados segundo os datos da Web of Science para 2018.  Clarivate analizou os artigos científicos publicados entre 2006 e 2016 incluídos en WoS, e seleccionou para cada un dos campos ESI (Essential Science Indicators) as persoas autoras dunha maior cantidade de artigos altamente citados (aqueles que se atopan no 1% máis citado no seu ámbito e ano de publicación, os denominados highly cited papers)...

Son 4.058 persoas as que figuran nestes 21 ámbitos temáticos, aos que se suman as 2.020 que aparecen este ano nunha nova categoría: a denominada cross-field, que pretende recoñecer o traballo de persoas que, sen chegar ao nivel de highly cited researcher en ningún ámbito concreto, teñen un alto nivel de citación en varios campos.  A Universidade de Vigo está presente este ano con dous investigadores: Jesús Simal Gándara e Maurizio Battino (na categoría cross-field).

No boletín analizamos ademais os seguintes aspectos:

- A distribución xeográfica das institucións para as que traballan estas persoas altamente citadas: o 43.9% pertencen a Estados Unidos, o 9% ao Reino Unido e o 7.9% a China. A continuación, os países con máis de cen highly cited researchers son Alemaña (356), Australia (245), Holanda (189), Canadá (166), Francia (157), Suíza (133) e España (115).

-  A presenza de mulleres na relación de highly cited researchers é moi minoritaria. Se temos en conta as persoas que traballan en institucións de Europa, Estados Unidos e Canadá, a porcentaxe de mulleres supón só o 15% do total.

-  España e Portugal contan con Highly Cited Researchers en 18 dos 21 ámbitos ESI (Essential Science Indicators, unha ferramenta de Clarivate para a análise das publicacións). Os campos nos que non está presente ningunha persoa vinculada a institucións españolas ou portuguesas son: Biology & Biochemistry, Immunology e Space Science.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en bibliometría
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal