Os pasados 31 de xaneiro e 1 de febreiro, a Área de servizos bibliométricos da Biblioteca Universitaria participou na "II Reunión de Servicios de Evaluación Científica de las Universidades", celebrada na Universidade de Córdoba, coa intervención da súa responsable Ana B. Martínez Piñeiro.
Esta unidade foi creada en 2017 pola Biblioteca para prestar novos servizos ao persoal investigador e a propia institución verbo do seguimento da producción científica dos membros da UVigo, da elaboración de informes e estudos bibliométricos e do asesoramento ao PDI en materia de publicación científica. Na páxina web da Biblioteca estase a difundir o traballo desta unidade que tamén colabora cos servizos bibliotecarios de apoio á investigación e publica o boletín de información e divulgación bibliométrica, Impacto.
Más información no DUVI