No marco das últimas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á propagación da COVID-19 (Decreto 8/2021 e Orde do 26 de xaneiro de 2021), a Universidade de Vigo dictou unha Resolución Reitoral, de 27 de xaneiro de 2021, na que, entre outras medidas, establécense limitacións para o acceso ás súas bibliotecas...
De acordo coa decisión do equipo de goberno, nas fins de semana comprendidas entre o sábado 19 de decembro de 2020 e o domingo 24 de xaneiro de 2021, abrirán as bibliotecas centrais de Vigo, Ourense e Pontevedra e a biblioteca de Torrecedeira en horario ininterrompido de 9 a 21 h. Con todo, no caso da biblioteca de Torrecedeira o servizo restrínxese ao estudantado da Universidade de Vigo, de xeito que non se permite a entrada ao público alleo...
A Vicerreitoría de Investigación, en colaboración coa Biblioteca Universitaria, vén de publicar o Protocolo de Normalización da filiación institucional e do nome persoal nas publicacións de persoal vinculado á Universidade de Vigo, aprobado pola Comisión de Investigación da universidade. Con este protocolo, a UVigo quere dar pulo á normalización da sinatura científica do seu persoal investigador, tanto no que se refire ao nome persoal coma á filiación institucional...
A Biblioteca Universitaria vén de presentar o informe Publicacións científicas da Universidade de Vigo 2019, elaborado a partir dos datos extraídos das bases de datos Web of Science (WoS), Scopus e Dialnet. No estudo, elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos, destacamos como datos máis relevantes: 1505 documentos indexados en WoS, 1516 documentos indexados en Scopus e 1289 documentos indexados en Dialnet asinados por membros da UVigo...
A Biblioteca Universitaria vén de publicar un novo boletín Impacto dedicado a "Desenvolvemento sostible e ODS nas publicacións científicas" no que ofrecemos un resumo dun estudo máis amplo elaborado en xuño deste ano...