6 abril, 2017 | 10:48:00

Calendario das aperturas especiais de bibliotecas en abril e maio

A Biblioteca Universitaria anuncia a posta en marcha do programa de aperturas especiais (nocturnas e de fin de semana) co gallo dos exames do segundo cuadrimestre.  As aperturas, que comezarán o vindeiro sábado 22 de abril, inclúen os festivos do 1 de maio e do 17 de maio, Días das Letras Galegas...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
22 marzo, 2017 | 14:01:00

Ampliación das condicións de préstamo para o alumnado de grao e titulacións a extinguir, e o PAS

Por acordo da Comisión Xeral da Biblioteca Universitaria de 23 de febreiro de 2017, procedeuse á ampliación dos dereitos de préstamo dos estudantes de grao e titulacións a extinguir, e do PAS da Universidade de Vigo.  Desde agora, estes colectivos poderán obter en préstamo un máximo de 5 obras durante un prazo de 14 días...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en préstamo
21 febreiro, 2017 | 10:03:00

Rosalíate 2017

Cun acto na Facultade de Ciencias Sociais, diante da biblioteca, o vindeiro mércores día 22 de febreiro ás 12:00 h., a Biblioteca Central  do Campus de Pontevedra súmase á conmemoración do Día de Rosalía que baixo o lema  #RosalíaTe promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

12 xaneiro, 2017 | 09:45:00

15ª EDICION DO CURSO VIRTUAL ”MÁIS ALÁ DE GOOGLE”

A Biblioteca Universitaria organiza unha nova edición do curso virtual "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico". O curso, que conta co recoñecemento dun crédito ECTS, desenvolverase entre o 13 de febreiro e o 17 de marzo de 2017...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en cursos
8 novembro, 2016 | 13:32:00

Aperturas especiais de bibliotecas para os exames de decembro-xaneiro

Para facilitar ao alumnado a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria ven de programar unha nova campaña de aperturas nocturnas e de fin de semana. As aperturas comezarán o sábado, día 19 de novembro de 2016 e rematarán o 19 de xaneiro de 2017 de acordo cos seguintes horarios e datas:

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario

<< < 8 9 10 11 12 13 14 15 16 > >>
Amosando páxina 12 de 197 rexistros

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

diciembre 2025
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930311234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal