Co gallo do Día do Libro, e como actividade paralela á campaña Libros salvavidas, a biblioteca central do campus de Vigo acolle unha exposición bibliográfica relacionada coa axuda humanitaria, cos conflitos que provocan éxodos e coas migracións. Libros e películas estarán expostos ata final de mes (neste tempo tamén se poden levar en préstamo eses libros). Pódese ver o contido da mostra en Pinterest...
A Biblioteca Universitaria de Vigo pon en marcha a campaña "Libros salvavidas" co fin de mobilizar a comunidade universitaria ante unha das maiores crises humanitarias da historia, que leva a máis dun millón de persoas a emprenderen unha perigosa travesía polo Mediterráneo cara ás costas europeas. Libros salvavidas consiste na recollida, en todas as bibliotecas da universidade, de libros en bo estado que calquera persoa queira doar (novelas, cómics, libros de cine, de música, libros infantís... non libros de texto nin de investigación). Venderemos estes libros nos mercados solidarios que instalaremos nos tres campus os días 25, 26 e 27 de abril, e toda a recadación irá destinada á ONG Proem-aid, que socorre as persoas que chegan por mar á illa de Lesbos.
A Biblioteca Universitaria anuncia a posta en marcha do programa de aperturas especiais (nocturnas e de fin de semana) co gallo dos exames do segundo cuadrimestre. As aperturas, que comezarán o vindeiro sábado 22 de abril, inclúen os festivos do 1 de maio e do 17 de maio, Días das Letras Galegas...
Por acordo da Comisión Xeral da Biblioteca Universitaria de 23 de febreiro de 2017, procedeuse á ampliación dos dereitos de préstamo dos estudantes de grao e titulacións a extinguir, e do PAS da Universidade de Vigo. Desde agora, estes colectivos poderán obter en préstamo un máximo de 5 obras durante un prazo de 14 días...
Cun acto na Facultade de Ciencias Sociais, diante da biblioteca, o vindeiro mércores día 22 de febreiro ás 12:00 h., a Biblioteca Central do Campus de Pontevedra súmase á conmemoración do Día de Rosalía que baixo o lema #RosalíaTe promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.