Co gallo da Noite galega das persoas investigadoras que se celebrou o pasado 24 de setembro, a Área de servizos bibliométricos da Biblioteca Universitaria elaborou o informe Investigadoras da noite: publicacións sobre astronomía e astrofísica, 1991-2020. Nel ofrécense datos sobre as publicacións científicas sobre astronomía e astrofísica a escala mundial e da UVigo segundo a Web of Science (WoS) e o SAO/NASA Astrophysics Data System (ADS)...
Durante os meses de xullo e agosto, por mor da aplicación da xornada de traballo reducida do persoal da universidade e o peche dos campus entre o 4 e o 18 de agosto, os horarios de apertura das bibliotecas varían. Xunto a iso, as bibliotecas que abren en fin de semana ata o 11 de xullo (Ourense e Pontevedra) ou o 18 de xullo (Vigo), alongarán o seu horario de tarde ata as 20:45, de luns a venres, ata o 9 e 21 de xullo respectivamente, en lugar de pechar ás 18:45 h. como ocorre co resto de bibliotecas en virtude da xornada reducida...
O número 9 do boletín Impacto vai dedicado aos centros de investigación da UVigo: atlanTTic, o Centro de Investigación Mariña, Cinbio e Cintecx. Estes centros están identificados en Web of Science (WoS) e en Scopus como institucións para que se poidan recuperar e analizar as súas publicacións de xeito independente ás do conxunto da universidade. Desde a Área de Bibliometría da Biblioteca Universitaria quixemos comprobar en que medida as publicacións destes centros están correctamente identificadas en WoS...
Coa chegada dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria programou un novo período de aperturas de catro bibliotecas nas fins de semana a partir do vindeiro sábado, 8 de maio. A maiores, estas bibliotecas permanecerán abertas no mesmo horario que en fin de semana durante o festivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas...
No marco das últimas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á propagación da COVID-19 (Decreto 8/2021 e Orde do 26 de xaneiro de 2021), a Universidade de Vigo dictou unha Resolución Reitoral, de 27 de xaneiro de 2021, na que, entre outras medidas, establécense limitacións para o acceso ás súas bibliotecas...