Ante a chegada do período de exames de decembro, a Biblioteca Universitaria pon en marcha unha nova programación de aperturas especiais nos tres campus a partir do vindeiro 24 de novembro e ata o 20 de decembro...
Os horarios especiais de apertura nocturna e de fin de semana organizáronse de acordo coas datas de exames que figuran nas webs dos Centros da UVigo e do calendario académico 2012-2013 aprobado polo Consello de Goberno.
- Aperturas nocturnas: de luns a venres, ata as 03:00 h. da madrugada, nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, desde o 26 de novembro ao 20 de decembro, ambos os dous incluídos.
- Aperturas fin de semana: as fins de semana de 24-25 de novembro, 1-2 de decembro, 8-9 de decembro e 15-16 de decembro, ademais do festivo día 6 de decembro (día da Constitución), en horario ininterrompido de 08:00 a 22:00 h. nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra. Como refozo no campus de Vigo, a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá eses mesmos días en horario de 09:00 a 21:00 h.
Estamos á espera de confirmar as datas de novas aperturas especiais con motivo dos exames das titulacións de enxeñaría programados a partir do 8 de xaneiro de 2013.