A Biblioteca Universitaria ofrece un curso virtual (Faitic) en competencias informacionais para o alumnado de 1º grao. Este curso xurde no marco do convenio UniCI2 coa finalidade de facilitar ao alumnado da UVigo a adquisición de competencias básicas na busca, avaliación e uso da información...
O curso, titulado "Coñece a biblioteca e aprende a buscar, avaliar e utilizar información", está a disposición dos/das estudantes durante uns quince días e para realizalo precísanse entre 6 e 10 horas de traballo. Este curso realízase en colaboración co profesorado que imparte docencia en primeiro.
Ao longo deste cuadrimestre terán a oportunidade de facelo, entre outros, os/as estudantes dos graos de Economía, Administración e Dirección de Empresas, Bioloxía, Traballo Social, Educación Social, Educación Infantil (Ourense), Educación Primaria (Ourense e Pontevedra), etc.