27 febreiro, 2013 | 14:03:00

Lanzamento da nova web da Biblioteca Universitaria

A Biblioteca Universitaria lanza hoxe a súa nova web cun deseño máis visual e dinámico que, ademais, trata de favorecer a usabilidade web.  O obxectivo principal do novo portal é que usuarios e usuarias poidan atopar a información da forma máis intuitiva e natural posible.  Para iso identificáronse seis bloques principais que permiten categorizar toda a información referente á Biblioteca: "Buscar", "Servizos", "Bibliotecas", "Sobre a Biblioteca Universitaria", "Blogdabiblio" e "Arquivo Universitario"...

Estes bloques dispóñense nun menú horizontal en forma de pestanas que se despregan para mostrar as seccións e subseccións que organizan a información de cada bloque. Ademais destes bloques, a nova web inclúe na súa parte central unha selección de enlaces rápidos e un botón para acceder á enquisa de satisfacción cos servizos bibliotecarios. Completa a páxina inicial da web, na súa parte superior dereita, a sección "Contacta" con información sobre teléfonos e correos-e dos diferentes servizos e puntos de servizo da Biblioteca, e un enlace ao formulario de queixas, reclamacións e suxestións.

Dende un punto de vista técnico, o novo portal alíñase coas políticas web da Universidade de Vigo. Deste xeito, o portal insérese dentro da plataforma de xestión de contidos corporativa baseada en OpenCms, igual que o resto das universidades galegas. OpenCms é un xestor de contidos "open source" (Open Content Managament System) que está totalmente desenvolvido en Java baixo o estándar servlet. Ademais, fai uso doutras tecnoloxías como XML e Java Server Pages (JSP) para a definición e visualización de contidos estructurados.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en web
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal