A Biblioteca Universitaria ofrece unha nova edición do curso en liña "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico", recoñecido con 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS.
O curso, dirixido ao alumnado da universidade, busca profundizar en coñecementos e ferramentas que facilitan a autonomía no acceso, uso e xestión da información, e, deste xeito, poder afrontar con éxito a realización de traballos académicos e de investigación. Esta 6ª edición desenvolverase do 23 de setembro ao 25 de outubro de 2013. O prazo de preinscrición abrirase o día 2 de setembro, e debe realizarse a través da plataforma Bubela.
Imaxe: Itzik Gur, Network 2 Icon, en IconArchive