4 xuño, 2013 | 11:49:00

Aperturas especiais de bibliotecas para os exames de xuño-xullo

Como apoio á preparación dos exames e probas de avaliación da convocatoria de xullo, a Biblioteca Universitaria programou aperturas nocturnas e de fin de semana nos tres campus a partir do vindeiro día 8 de xuño en Vigo e do día 15 de xuño en Ourense e Pontevedra...

O calendario e horarios destas aperturas son os seguintes:

Apertura nocturna:

- Biblioteca de Torrecedeira (Vigo): do 10 de xuño ao 11 de xullo de 2013, ata as 3:00 h. da madrugada.

- Bibliotecas centrais de Ourense e Pontevedra: do 17 de xuño ao 5 de xullo de 2013, ata as 3:00 h. da madrugada.

Apertura fin de semana:

- Biblioteca de Torrecedeira (Vigo): sábados e domingos entre o 8 de xuño e o 7 de xullo de 2013, en horario de 8:00 a 22:00 h. e o festivo do 24 de xuño co mesmo horario.

- Biblioteca central de Vigo: sábados e domingos entre o 8 de xuño e o 7 de xullo de 2013, en horario de 9:00 a 21:00 h. e o festivo do 24 de xuño co mesmo horario.

- Bibliotecas centrais de Ourense e Pontevedra: sábados e domingos entre o 15 de xuño e o 7 de xullo de 2013, en horario de 8:00 a 22:00 h. e o festivo do 24 de xuño co mesmo horario.

Máis información sobre os horarios da BIblioteca Universitaria na páxina web.

Fonte da imaxe: Francisco Osorio, University Life 6, Flickr

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

diciembre 2025
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930311234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal