Para conmemorar o Día Internacional do Libro, un grupo de bibliotecarias e bibliotecarios da Universidade de Vigo organiza, a partir do día 20 de abril na biblioteca central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo), a segunda edición dunha iniciativa que, baixo o nome de "Guerrilla laneira", xa se desenvolveu na biblioteca no ano 2013…
Co gallo dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria organiza unha nova programación de horarios especiais de apertura a partir do vindeiro sábado, 18 de abril...
Para sumarse á conmemoración do "Día Internacional dos dereitos da infancia" na Facultade de Ciencias da Educación, a biblioteca central do Campus de Pontevedra organiza unha exposición sobre os dereitos da infancia no cine e na literatura. A mostra recolle filmes e libros seleccionados polo persoal entre os fondos da Biblioteca Universitaria.
Para facilitar ao alumnado a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria ten programada unha nova campaña de aperturas especiais de bibliotecas (nocturnas e de fin de semana). As aperturas comezarán o vindeiro sábado, día 29 de novembro de 2015, e desenvolveranse ata o 15 de xaneiro de 2015 de acordo cos seguintes horarios e datas:
Ao longo deste mes de outubro de 2014, as bibliotecas de Torrecedeira e as centrais de Ourense e Pontevedra abrirán durante as mañás dos sábados en horario de 8:00 a 15:00 horas. A apertura xurde como un proxecto piloto cuxos resultados e impactos se avaliarán unha vez rematado.