En xuño de 2011 foi promulgada a Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, que promove a publicación científica en acceso aberto en sintonía co movemento internacional do open access. Dende entón, a Universidade de Vigo está a apoiar este movemento con, por exemplo, o lanzamento do seu repositorio institucional Investigo ou a sinatura da Declaración de Berlín sobre Acceso Aberto ao Coñecemento en Ciencias e Humanidades...
Dedicamos o número 1 do boletín IMPACTO ao acceso aberto á información científica e os seus beneficios e, ademais, revisamos a evolución dos artigos publicados por membros da Universidade de Vigo en revistas en aberto e a porcentaxe de artigos que reciben algunha cita, segundo os datos obtidos da Web of Science. Para rematar, achegamos información sobre o repositorio Investigo e as súas vantaxes.