13 marzo, 2018 | 08:47:00

Nace ”Impacto” o boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo

A Biblioteca Universitaria presenta o seu novo boletín, Impacto: boletín de información bibliométrica da Universidade de Vigo. O número 0, publicado o 8 de marzo, está dedicado á bibliometría e á presenza da Universidade de Vigo en Google Académico desde unha perspectiva de xénero...

Este boletín pretende dar a coñecer ao persoal investigador e ao público en xeral datos bibliométricos relacionados coas publicacións científicas das persoas que forman parte da Universidade de Vigo. Foi elaborado pola nova Área de Servizos Bibliométricos que, presentada o pasado día 7 de marzo, ten como funcións:

- analizar a produción científica dos membros da Universidade de Vigo
- elaborar estudos e informes bibliométricos a solicitude doutras unidades da universidade
- elaborar informes bibliométricos como apoio á xestión bibliotecaria
- asesorar ao persoal investigador en materia de publicación e difusión científica.

A bibliometría é unha disciplina que, usando métodos matemáticos e estatísticos, aporta datos sobre diferentes aspectos da literatura científica. A bibliometría non substitúe, senón que complementa, a valoración da calidade das publicacións e da investigación, aportando información relacionada co impacto e a visibilidade das publicacións, a colaboración con outras institucións, o volume de publicacións, etc.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

enero 2025
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829303112
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal