O segundo número do boletín Impacto adícase ao acceso aos artigos científicos e a como facer para ler ou descargar un artigo que a priori non é gratuíto...
Neste número saliéntanse tamén dous dos servizos de apoio á investigación que presta a Biblioteca Universitaria para dar resposta a esta necesidade: as subscricións a revistas científicas e o préstamo interbibliotecario. Sabías que, no curso 2017/2018, o 45% dos artigos que a biblioteca conseguiu mediante préstamo interbibliotecario chegaron á persoa solicitante en 1 día dende o momento da súa solicitude? E que o 88% dos artigos chegaron en menos de 6 días?
Engadimos ademais información sobre dous botóns de navegación que facilitan a localización de artigos en repositorios: Unpaywall e Open Access Buttom.