Para facilitar ao alumnado as tarefas de preparación dos seus exames do segundo cuadrimestre e da convocatoria de xullo, a Biblioteca Universitaria vai poñer en marcha unha programación de aperturas en horarios especiais (noites e fins de semana) a partir do sábado 21 de abril ata o domingo 8 de xullo 2018. As datas e horarios desta nova programación son os seguintes...
- Fins de semana e días festivos: de 8 a 22 h., nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, ás fins de semana comprendidas entre o sábado 21 de abril e o domingo 8 de xullo 2018 (mais os festivos do 1 e 17 de maio). Nestas mesmas datas, aínda que en horario de 9 a 21 h., abrirá tamén a Biblioteca Central do Campus Lagoas-Marcosende (Vigo).
- Noites: apertura de luns a venres, ata as 3 h. da madrugada, nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, do luns 30 de abril ao venres 6 de xullo, agás os festivos do 1 e 17 de maio.