9 novembro, 2017 | 14:29:00

Aperturas especiais de bibliotecas en novembro e decembro 2017 e xaneiro 2018

Para facilitar ao alumnado as tarefas de preparación dos exames de decembro-xaneiro, a Biblioteca Universitaria vai organizar unha programación de aperturas en horarios especiais (noites e fins de semana) a partir do vindeiro sábado 25 de novembro e ata o 18 de xaneiro de 2018.  As datas e horarios desta programación son os seguintes...

- Fins de semana e días festivos: de 8 a 22 h. nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra ás fins de semana comprendidas entre o sábado 25 de novembro e o domingo 17 de decembro de 2017 (mais os festivos do 6 e 8 de decembro).  No mes de xaneiro de 2018, as aperturas comezarán o sábado 6 e rematarán o domingo 14.  Nestas mesmas datas, aínda que en horario de 9 a 21 h., abrirá tamén a Biblioteca Central do Campus Lagoas-Marcosende (Vigo).

- Noites: apertura ata as 3 h. da madrugada nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, do luns 27 de novembro ao xoves 21 de decembro (agás os festivos do 6 e 8 de decembro), e do luns 8 de xaneiro ao xoves 18 de xaneiro.

Imaxe: Scott Akerman, Studying, en www.flickr.com (CC BY 2.0)

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal