4 maio, 2021 | 10:05:00

Aperturas de fin de semana de maio a xullo de 2021

Coa chegada dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria programou un novo período de aperturas de catro bibliotecas nas fins de semana a partir do vindeiro sábado, 8 de maio. A maiores, estas bibliotecas permanecerán abertas no mesmo horario que en fin de semana durante o festivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas...


Á vista dos calendarios de exames dos centros en cada campus, en particular os correspondentes á convocatoria de xullo, o remate desta programación de aperturas de fin de semana produciráse o domingo 11 de xullo nas bibliotecas dos campus de Ourense e Pontevedra, e o domingo 18 de xullo nas bibliotecas do campus de Vigo. 

  • Central de Vigo, de 9:00 a 21:00 h. todas as fins de semana desde o sábado 8 de maio ao domingo 18 de xullo, mailo 17 de maio (Día das Letras Galegas)
  • Torrecedeira, de 9:00 a 21:00 h. todas as fins de semana desde o sábado 8 de maio ao domingo 18 de xullo, mailo 17 de maio (Día das Letras Galegas)
  • Central de Ourense, de 9:00 a 21:00 h. todas as fins de semana desde o sábado 8 de maio ao domingo 11 de xullo, mailo 17 de maio (Día das Letras Galegas)
  • Central de Pontevedra, de 9:00 a 21:00 h. todas as fins de semana desde o sábado 8 de maio ao domingo 11 de xullo, mailo 17 de maio (Día das Letras Galegas)  

Durante estas fins de semana o acceso ás bibliotecas segue sometido a restricións da capacidade máxima e ás mesmas normas de seguridade que nos horarios ordinarios, en especial a obrigatoriedade de levar máscara para acceder e permanecer nas bibliotecas (máis información na páxina web da Biblioteca Universitaria).  Na biblioteca de Torrecedeira o servizo restrínxese ao estudantado da Universidade de Vigo, de xeito que non se permite a entrada ao público alleo.


Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal