2 febreiro, 2021 | 13:57:00

Restricións de acceso ás bibiotecas da UVigo pola COVID-19

No marco das últimas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á propagación da COVID-19 (Decreto 8/2021 e Orde do 26 de xaneiro de 2021), a Universidade de Vigo dictou unha Resolución Reitoral, de 27 de xaneiro de 2021, na que, entre outras medidas, establécense limitacións para o acceso ás súas bibliotecas...

En concreto, de acordo co punto 9 da resolución, ata novo aviso as bibliotecas pecharán ao público, de xeito que "so poderá acceder ás dependencias das bibliotecas da Universidade o persoal adscrito á Biblioteca Universitaria". Con todo, permítese ao PDI con contrato en vigor coa Universidade de Vigo facer uso dos servizos bibliotecarios relacionados coa investigación ou a docencia mediante o sistema de cita previa. Para ese efecto, solicitarase a cita á correspondente biblioteca nos teléfonos ou correos-e que figuran na web da Biblioteca, apartado As bibliotecas. Doutra banda, consonte á Resolución Reitoral, do 3 de febreiro de 2021, para a modificación puntual da Resolución do 27 de xaneiro, o alumnado matriculado en TFG e TFM poderá facer uso do servizo de préstamo solicitando cita previa por teléfono ou correo-e.

Agás estas excepcións, e ata novo aviso, as bibliotecas quedan pechadas para todos os efectos ao estudantado e o resto de usuarios/as das bibliotecas.


Imaxe de Alexandra_Koch en Pixabay 

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en UVigo , avisos
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2025
LMMXVSD
31123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
2829301234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal