10 decembro, 2020 | 13:38:00

Protocolo para a normalización da sinatura científica do persoal investigador

A Vicerreitoría de Investigación, en colaboración coa Biblioteca Universitaria, vén de publicar o Protocolo de Normalización da filiación institucional e do nome persoal nas publicacións de persoal vinculado á Universidade de Vigo, aprobado pola Comisión de Investigación da universidade. Con este protocolo, a UVigo quere dar pulo á normalización da sinatura científica do seu persoal investigador, tanto no que se refire ao nome persoal coma á filiación institucional...

O uso de formas diferentes no nome persoal e no nome da institución na sinatura das publicacións científicas diminúe a visibilidade nacional e internacional das publicacións. Ademais, dificulta a análise correcta da produción científica mediante indicadores bibliométricos, tanto individuais coma colectivos. Deste xeito, o emprego de sinaturas normalizadas permitirá: mellorar a visibilidade da produción científica da universidade e do seu persoal investigador, identificar de maneira axeitada as publicacións de cada investigador/a nas fontes de información, e identificar e analizar correctamente as publicacións da universidade e dos seus centros de investigación aumentando a fiabilidade dos indicadores de produción científica. 

Para dar a coñecer este protocolo á comunidade universitaria, e sensibilizala sobre a súa importancia, a Vicerreitoría de investigación puxo en marcha unha campaña informativa en colaboración coa Vicerreitoría de Comunicación, a Biblioteca Universitaria e a Unidade de Cultura Científica. A campaña consiste na creación dunha páxina con información sobre o protocolo e a publicación dunha serie de vídeos nos que membros da comunidade universitaria falan das vantaxes da normalización da sinatura desde a súa experiencia persoal.  Ademais, o vindeiro martes 15 de decembro, ás 13:00 h., vai ter lugar a presentación do protocolo nunha sesión en liña na que intervirán Belén Rubio, Vicerreitora de investigación, e Ana Martínez, responsable da Área de Servizos Bibliométricos da biblioteca. A participación no seminario realizarase a través de Campus Remoto da UVigo.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

junio 2025
LMMXVSD
2627282930311
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30123456
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal