26 outubro, 2021 | 08:29:00

A Biblioteca Universitaria conmemora a Semana Internacional do Acceso Aberto 2021

Para conmemorar a Semana do Acceso Aberto deste ano 2021 (25 ao 31 de outubro), a Biblioteca Universitaria, en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación, programou un seminario web, un obradoiro para o personal investigador e a publicación de senllos informes sobre o estado do acceso aberto na UVigo. Con estas iniciativas a Biblioteca súmase un ano máis ás celebracións da semana doutras universidades españolas e do resto do mundo...

O seminario, titulado Escalada cara aos datos de investigación en aberto, impartirase o vindeiro 28 de outubro por Remedios Melero, investigadora do IATA (Instituto de Agroquímica y Tecnología de Alimentos), do CSIC, e coordinadora do grupo de traballo español de Acceso Aberto á Ciencia . Pola súa banda, o obradoiro Pensa en verde!, sobre como depositar no repositorio Investigo, vai dirixido ao persoal investigador da UVigo co fin de fomentar o autoarquivo dos seus traballos no repositorio institucional Investigo. O obradoiro taller será impartido pola responsable do repositorio Carmen Barros. Por último, presentarase o informe As publicacións científicas da Universidade de Vigo en acceso aberto e o Boletín Impacto nº 11 tamén dedicado ás publicacións en aberto da UVigo. Máis información sobre o programa na sección de novas da web da UVigo e no DUVI.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

febrero 2025
LMMXVSD
272829303112
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272812
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal