6 outubro, 2021 | 10:37:00

A Biblioteca Universitaria de Vigo en Dialnet métricas

A Biblioteca da Universidade de Vigo incorporouse a Dialnet Métricas en 2020-2021, un proxecto froito da colaboración das bibliotecas universitarias españolas e a Fundación Dialnet.  O proxecto persegue incluír as referencias bibliográficas dos artigos de revistas recollidas no portal bibliográfico Dialnet coa finalidade de obter as citas aos documentos e os seus autores e autoras. Grazas  ao traballo conxunto da Sección de Automatización e Proceso Técnico e da Sección de Publicacións Periódicas da Biblioteca Universitaria, xa aparece a Universidade de Vigo na nova edición que ven de aparecer con datos correspondentes ao ano 2020, ...

O núcleo do proxecto é a elaboración do IDR (Indice Dialnet de Revistas), un índice de impacto das revistas españolas das disciplinas de Ciencias Sociais e Humanidades.  Ademais tamén se inclúen indicadores de cada unha das publicacións, dos investigadores/as e das institucións ás que estes pertencen.

Máis información sobre a UVigo en Dialnet métricas aquí (exemplo da visualización dos datos dunha área de coñecemento).


TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal