Para facilitar ao alumnado as tarefas de preparación dos exames e probas de avaliación de decembro-xaneiro, a Biblioteca Universitaria vai poñer en marcha unha nova programación de aperturas en horarios especiais (noites e fins de semana) a partir do vindeiro sábado 28 de novembro de 2015 e ata o martes 19 de xaneiro de 2016. As datas e horarios desta programación son os seguintes...
- fins de semana e días festivos: de 8 a 22 h. nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra ás fins de semana de: 28-29 de novembro, 5-6 de decembro (mais o festivo 8 de decembro), 12-13 de decembro, 19-20 de decembro, 2-3 de xaneiro (mais o festivo do 6 de xaneiro), 9-10 de xaneiro e 16-17 de xaneiro. Nestas mesmas datas, aínda que en horario de 9 a 21 h., abrirá tamén a Biblioteca Central do Campus Lagoas-Marcosende (Vigo).
- noites: apertura ata as 3 h. da madrugada nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra do luns 7 de decembro ao venres 18 de decembro (agás o festivo do 8 de decembro), e do xoves 7 de xaneiro ao martes 19 de xaneiro.
Imaxe: Dan Foy, 20100203-5D2-5127b, en www.flickr.com/photos/orangeacid/4347579138/, (CC BY-NC 2.0)