10 febreiro, 2016 | 11:59:00

Obradoiro sobre como publicar traballos de investigación na Escola de Enxeñaría Industrial

O vindeiro 24 de febreiro terá lugar, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial do campus Lagoas-Marcosende, un obradoiro sobre como publicar traballos de investigación.  O evento está organizado polo "Programa de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria" coa colaboración da Biblioteca Universitaria e a editorial científica Springer.

O obradoiro dirixese principalmente aos novos investigadores/as e autores/as con interese en publicar artigos e libros científicos. A inscrición é gratuíta, previa reserva de praza no formulario de inscrición publicado na web da Escola. A data límite para facer a inscrición remata o xoves 18 de febreiro de 2016.

O obradoiro será impartido en castelán por Nathalie Jacobs, editora senior na editorial Springer e responsable da área de publicacións de enxeñería.  Entre os temas a abordar figura cuestións como: por que publicar, a publicación dun libro, como elixir a revista na que se quere publicar, dereitos e permisos, factores de impacto, estrutura dos artigos ou trucos para conseguir a publicación dun artigo.  Pechará o obradoiro un coloquio da editora coas persoas asistentes.

Imaxe: eveosblog.de, MINDevent 2012 Copenhagen, en Flickr

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en investigación
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

marzo 2025
LMMXVSD
242526272812
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31123456
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal