A Biblioteca Universitaria comunica o comezo do período de inscrición no curso virtual "Máis alá de Google: como buscar e xestionar información para un traballo académico" a impartir dende o 9 de novembro ao 12 de decembro deste ano 2015...
O curso quere dar a coñecer as fontes de información, as técnicas e as estratexias máis axeitadas para a realización de traballos académicos, e conta con recoñecemento de créditos por 30 horas de traballo.
Dende o vindeiro día 5 de outubro e ata o 28 de outubro as persoas interesadas poden facer a súa inscrición a través de Bubela. Máis información na web da Biblioteca.