8 novembro, 2016 | 13:32:00

Aperturas especiais de bibliotecas para os exames de decembro-xaneiro

Para facilitar ao alumnado a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria ven de programar unha nova campaña de aperturas nocturnas e de fin de semana. As aperturas comezarán o sábado, día 19 de novembro de 2016 e rematarán o 19 de xaneiro de 2017 de acordo cos seguintes horarios e datas:

Aperturas de fin de semana (sábado e domingo): bibliotecas de Torrecedeira, central de Ourense e central de Pontevedra cun horario de 8:00 a 22:00 horas, as fins de semana comprendidas entre o sábado 19 de novembro e o domingo 18 de decembro (máis os festivos de 6 e 8 de decembro), e do sábado 7 de xaneiro ao domingo 15 de xaneiro (máis o festivo do 6 de xaneiro).  A  biblioteca central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá as mesmas datas cun horario de 9:00 a 21:00 horas.


Aperturas nocturnas (de luns a venres, agás festivos, ata as 3:00 h. da mañá), nas bibliotecas de Torrecedeira, central de Ourense e central de Pontevedra do 28 de novembro ao 21 de decembro, e do 9 ao 19 de xaneiro.

Durante estes horarios especiais as bibliotecas prestan un servizo de espazo de estudo e consulta de materiais bibliográficos de libre acceso, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos-e, etc.

Imaxe: Tom Waterhouse, Study In Yellow, en Flickr (CC BY-NC 2.0)

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

enero 2025
LMMXVSD
303112345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829303112
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal