A Biblioteca Universitaria organiza unha nova edición do curso virtual "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico". O curso, que conta co recoñecemento dun crédito ECTS, desenvolverase entre o 13 de febreiro e o 17 de marzo de 2017...
Para poder participar nel, hai que facer unha preinscrición a través da plataforma Bubela a partir do vindeiro 23 de xaneiro e ata o 5 de febreiro. Máis información do curso na web da Biblioteca, no enderezo referencia@uvigo.es ou no teléfono 986 813 843.