O portal de revistas-e SAGEJOURNALS Online, contratado pola Biblioteca Universitaria, ampliou a súa colección con nove títulos novos sobre Educación, Ciencias da Saúde e Psicoloxía.
En Educación os novos títulos son Gifted Child Quarterly (dispoñible dende 1999), Journal of Early Intervention (dende 2000) e Journal of Emotional and Behavioral Disorders (dende 1999).
En Ciencias da Saúde (inclúe Psicoloxía) as novidades son: Foot & Ankle Specialist (dende 2008), Innate Immunity (continuación de Journal of Endotoxin Research e dispoñible dende 1999), Journal of the American Psychoanalytic Association (dende 1999), Scandinavian Journal of Public Health (dende 1999), Sexual Abuse: A Journal of Research and Treatment dende 1999 e Word of Mouth (dende 1999).