11 abril, 2008 | 15:42:00

Accesibles dúas novas bases de datos: GreenFILE e TRC

O provedor de revistas e bases de datos da Biblioteca Universitaria, EBSCO, ofrece a través da súa plataforma EBSCOhost acceso a dúas bases de datos gratuítas: GreenFILE sobre medioambiente e Teacher Reference Center (TRC) sobre temas educativos.

GreenFILE™ indiza publicacións científicas, documentos oficiais, informes e tamén publicacións de interese xeral (v. relación de publicacións) sobre temas medioambientais desde perspectivas da agricultura, a educación, a lexislación, a saúde e a tecnoloxía. Na actualidade esta base de datos contén preto de 295.000 rexistros, proporcionando o texto completo dunhas 200 publicacións de acceso aberto.

Teacher Reference Center (TRC) é unha base de datos que ofrece rexistros bibliográficos e resumo de máis de 270 publicacións (v. relación de publicacións) sobre educación e administración educativa.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en bases de datos
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal