21 abril, 2008 | 13:26:00
62 enciclopedias en liña da editorial Sage a proba ata o 31 de maio
Ata o vindeiro 31 de maio a Biblioteca Universitaria pon a disposición da comunidade universitaria o acceso a 62 enciclopedias-e da editorial Sage sobre Xeografía, Historia, Criminoloxía, Psicología, Socioloxía, Antropoloxía, Educación, Economía, Política, Comunicación, Medioambiente,etc.
Na web de Sage pode verse a relación dos títulos a proba. As enciclopedias ofrecen diversos sistemas de busca: por título da enciclopedia ou do artigo, por materia, avanzada… Para os artigos inclúe funcionalidades de impresión, envío por correo-e e xeración de citas bibliográficas segundo formatos APA, MLA e Chicago. Sage tamén ofrece unha páxina web con información sobre o uso das enciclopedias (en inglés) e unha demostración en flash.
A Biblioteca anima aos seus usuarios a probar as enciclopedias e dar a súa opinión/valoracion a través deste blog facendo os comentarios que consideren convenientes.