A Association of College & Research Libraries (ACRL) norteamericana publicou o pasado mes de xaneiro o estudo The ACRL Environmental Scan 2007 sobre o que, ao seu xuízo, vai ser o traballo dos/as bibliotecarios/as e as funcións das bibliotecas universitarias nun futuro próximo. Máis específicamente sinala dez liñas mestras (as "Top Ten Assumptions for the Future of Academic Libraries and Librarians")…
1. Preocupación pola dixitalización de coleccións e a preservación dixital
2. Evolución das competencias que necesitan os bibliotecarios para desempeñar o seu traballo
3. Unha demanda aínda máis ampla e diversa de recursos dixitais e de servizos bibliotecarios por parte de profesores e alumnos
4. Crecente importancia na educación superior das cuestións relativas á propiedade intelectual que dará orixe a un novo servizo bibliotecario
5. Aumento da demanda de servizos baseados nas tecnoloxías que requirirán financiamento adicional para polos en marcha
6. Preocupación pola rendición de contas e a medición cuantitativa da contribución das bibliotecas á investigación, a docencia e as misións das súas universidades
7. Os estudantes comportaranse cada vez máis como "clientes" da biblioteca requirindo instalacións de calidade, e recursos e servizos axustados ás súas necesidades e intereses
8. Extensión da aprendizaxe en liña que obrigará as bibliotecas universtarias a intregrar os seus recursos e servizos en ditas contornas
9. Máis demanda de acceso libre e gratuíto aos datos e investigacións producidas nas universidade
10. Importancia da protección da privacidade e a liberdade intelectual