20 xullo, 2009 | 11:41:00

Dispoñible o factor de impacto 2008 do Journal Citation Report

Infórmase á comunidade investigadora que no portal da FECYT de acceso á Web of Knowledge, xa está dispoñible a descarga do factor de impacto das revistas do Journal Citation Report (JCR).  O JCR ofrece datos estatísticos que permiten determinar a importancia relativa das revistas dentro das súas disciplinas ou categorías científicas (o factor de impacto da revista) desde o ano 1997 ata a actualidade.  Dividido en  dous subconxuntos (revistas de ciencias ou Science Citation Index, e revistas de ciencias sociais ou Social Science Citation Index), o JCR ofrece unha cobertura de máis de 7.600 publicacións editadas por máis de 3.000 editores de todo o mundo en aproximadamente 220 disciplinas científicas.

Para coñecer o factor de impacto, o editor do JCR, Thomson Reuters, vén de poñer à disposición dos investigadores a relación completa de revistas incluídas na base de datos co factor de impacto actualizado ao ano 2008.  Os ficheiros a descargar (en formato excel) atópanse clasificados segundo correspondan as ciencias ou as ciencias sociais, e ordénanse por materias con indicación, entre outros, dos seguintes datos: título abreviado da revista, título completo da revista, ISSN, categoría, total de citas (total cites), índice de impacto (impact ), índice de inmediatez (immediacy) ou vida media das citas recibidas (cited half).  O portal da FECYT tamén ofrece a posibilidad de descargarse o factor de impacto dos anos 2002 a 2007.

Para consultar o JCR hai que premer no enlace "Acceso a la WoK" do portal www.accesowok.fecyt.es

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal