26 abril, 2016 | 14:40:00

Presentado o repositorio institucional de acceso aberto da Universidade de Vigo

Hoxe pola mañá foi presentado Investigo, o repositorio institucional de acceso aberto da Universidade de Vigo.  A presentación, con presenza da Vicerreitora de Investigación e Transferencia e do Vicerreitor de Economía e Planificación, quedou a cargo do Director da Biblioteca Universitaria, Gerardo Marraud, quen na súa intervención trazou as liñas xerais do movemento do acceso aberto e fixo unha síntese da historia e alcance do proxecto do novo repositorio.

O repositorio, desenvolvido sobre o software libre DSpace, vai ser xestionado pola Biblioteca Universitaria e xorde para dar cumprimento ás disposicións sobre acceso aberto da Lei da Ciencia e do Real Decreto regulador das ensinanzas oficiais de doutoramento.  Ademais, o repositorio vaise vincular ao proceso de  rexistro e avaliación da produción científica na Universidade de Vigo.  Deste xeito, trátase dun repositorio de investigación cuxo contido estará constituído por artigos de revistas científicas, libros e partes de libros, teses de doutoramento e comunicacións e relatorios presentados en congresos e reunións científicas.

Para articular a conexión do repositorio co rexistro da produción científica, a Biblioteca desenvolveu un sistema de autoarquivo chamado SAI3.  Este sistema pretende, por unha banda, "poboar" dun xeito eficiente o repositorio e, por outra, enviar de forma automática os datos ao sistema de xestión da investigación (SUXI) para avaliar a produción científica do persoal investigador da universidade. Este sistema de autoarquivo baséase no reaproveitamento de datos de fontes externas e na súa conversión en metadatos Dublin Core. A partir dun tratamento intelixente dos datos e metadatos procedentes do protocolo Z39.50, do sistema CrossRef e das bases de datos de xestión da propia universidade, automatízase o seu envío grazas ao protocolo SWORD.  Este sistema, inspirado na aplicación EasyDeposit desenvolvida por Stuart Lewis, minimiza o tempo requeirido para depositar un ítem no repositorio grazas a obtención automatizada da maioría dos metadatos desde fontes externas fiables como o catálogo da Biblioteca da Universidade de Vigo, os catálogos doutras bibliotecas científicas ou o sistema CrossRef.  A todo isto engádese un conxunto de servizos web baixo Zend Framework que xera unha interface de usuario programada en Angular que proporciona gran velocidade de interacción e facilidade de uso.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en open access
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

octubre 2024
LMMXVSD
30123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal