2 outubro, 2009 | 14:07:00

Inauguración da nova biblioteca de Ciencias Experimentais no campus de Vigo

Esta mañá foi inaugurada oficialmente a nova biblioteca de ciencias experimentais no campus de Lagoas-Marcosende (Vigo) polo Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad.  Acompañaban ao Conselleiro, o Reitor da Universidade de Vigo, a Delegada Territorial da Xunta en Vigo e outras autoridades e personalidades autonómicas, locais e universitarias.

A biblioteca, que mellora notablemente a rede bibliotecaria da UVigo, está construída nun ribazo xunto aos edificios das Facultades científicas. Ofrece 280 postos de usuario cunha superficie de 980 metros cadrados sobre un total de 1.200 metros cadrados construídos.  Destinada a actuar como ´biblioteca de proximidade´ para os usuarios pertencentes á Facultade de Bioloxía, a Facultade de Ciencias do Mar e a Facultade de Química, a nova biblioteca está tamén aberta ao conxunto de membros da comunidade universitaria. Para máis información pode consultarse la reseña publicada hoxe no DUVI.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en UVigo
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal