7 xaneiro, 2010 | 12:20:00

Pregunta da enquisa PREME de xaneiro 2010: a satisfacción cos horarios bibliotecarios

Co inicio do novo ano, a Biblioteca Universitaria formula unha nova pregunta aos seus usuarios coa finalidade de coñecer mellor a súa opinión e grao de satisfacción.  Nesta ocasión a pregunta da enquisa PREME (unha pregunta ao mes) trata dos horarios da Biblioteca.

A Biblioteca ofrece dous tipos de horarios: o horario ordinario, de luns a venres desde as 8:30 horas ás 21:00 horas (nalgunhas bibliotecas o peche veríficase ás 20:30 h.), e os horarios extraordinarios, nocturnos e de fin de semana, que se establecen con ocasión das probas de avalación e os exames, tanto ordinarios como extraordinarios.

A pregunta "Está vostede satisfeito/a cos horarios ordinarios e extraordinarios de apertura da biblioteca?" estará dispoñible ata o 31 de xaneiro. Na medida en que un servizo de calidad non é posible sen a participación do público, a Biblioteca anima aos seus usuarios e usuarias a colaborar na enquisa PREME contestando a esta pregunta.  Para iso basta con acceder ao formulario web e responder ao cuestionario do mes a través dun número reducido de clics.

Os horarios ordinarios das bibliotecas poden consultarse na páxina web da Biblioteca, na sección "Información Xeral - Novidades". Pola súa banda, os horarios extraordinarios son comunicados vía correo electrónico á comunidade universitaria e do mesmo xeito mediante carteis nas bibliotecas.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en calidade , enquisas , horario
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

febrero 2025
LMMXVSD
272829303112
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272812
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal