10 decembro, 2009 | 14:01:00

A Biblioteca logra certificar de novo o sistema de xestión da calidade ISO 9001

Como resultado da auditoría externa practicada por DNV (Det Norske Veritas) os días 11 e 12 de novembro deste ano, a Biblioteca Universitaria obtivo a re-certificación do seu sistema de xestión da calidade baixo a norma ISO 9001.  A certificación, válida para un período de 3 anos, foi lograda por primeira vez en decembro de 2006.  Agora, neste segundo proceso, non só se facía necesario certificar de novo o sistema, senón facelo segundo a nova versión da norma 9001 aprobada pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO) en 2008.

O resultado da auditoría de DNV foi moi satisfactorio para a Biblioteca ao non haberse detectado ningunha non conformidade no sistema.  Do mesmo xeito, formuláronse polos auditores 5 observacións e salientáronse como indicacións positivas: a análise pola Biblioteca dos datos xerados sobre aspectos como indicadores, retroalimentación do cliente, participación do persoal, etc.; a implicación do persoal entrevistado co sistema de xestión da calidade, e as actuacións realizadas pola Biblioteca para a mellora do servizo.

A Dirección da Biblioteca Universitaria quere aproveitar este blog para recoñecer o traballo de todo o persoal da Biblioteca ao longo destes anos na medida en que constitúe a base do éxito acadado coa obtención de novo do certificado ISO 9001 e da propia mellora continua do sistema de xestión dende 2006.  Grazas a todos e todas!

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en calidade
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal