2 decembro, 2009 | 12:11:00

Pregunta da enquisa PREME de decembro´09: a satisfacción xeral coa Biblioteca

Coa chegada do derradeiro mes do ano 2009, a Biblioteca, dentro do seu empeño por pulsar a opinión dos seus usuarios e usuarias, lanza a pregunta anual sobre o grao de satisfacción xeral cos servizos bibliotecarios.

A diferenza das preguntas dos outros meses de ano - orientadas a coñecer o grao de satisfacción do público sobre determinados servizos ou dimensións do servizo bibliotecario (préstamo, instalacións, persoal, recursos dixitais, etc.), coa pregunta de decembro solicítase a opinión dos usuarios e usuarias sobre o funcionamento xeral da Biblioteca Universitaria.  Así, no contexto da filosofía de mellorar continuamente propia do seu sistema de xestión da calidade ISO 9001, a Biblioteca prega aos usarios que colaboren na mellora respondendo a esta nova pregunta de forma completamente anónima.  Así meso anímalles a formular cantas suxestións desexen a través do propio formulario da enquisa (pestaña suxiestións).

Pregunta decembro 2009: "en xeral, está satisfeito co servizo da Biblioteca Universitaria?"

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en usuarios , calidade , enquisas
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal