4 novembro, 2009 | 11:43:00

Pregunta da enquisa PREME de novembro´09: o servizo de préstamo de libros

Continuando co seu proxecto de enquisas dixitais "PREME", a Biblioteca propón neste mes de novembro unha nova pregunta.  Neste caso, repítese a pregunta formulada en novembro de 2008 con ocasión do lanzamento do proxecto: parécelle conveniente o servizo de préstamo de libros (nº de obras prestadas, prazos de préstamo, trámites)?

Ao formular de novo esta pregunta, a Biblioteca intenta, en primeiro lugar, ofrecer aos novos alumnos e a outros membros da comunidade universitaria de novo ingreso a oportunidade de expresar a súa opinión sobre este servizo bibliotecario.  Do mesmo xeito, e en segundo lugar, tamén intenta comprobar, no posible, se ao longo deste ano produciuse algunha variación na opinión dos usuarios e usuarias sobre o servizo de préstamo.  Para máis información sobre as condicións de préstamo (tipos de usuarios, número máximo de obras a obter en préstamo, prazos de tempo, condicións de renovación, etc.) pode consultarse a normativa reguladora na sección "Información Xeral, Novidades" da páxina web da Biblioteca Universitaria, e/ou a táboa de préstamo que inclúe o catálogo automatizado (OPAC) da Biblioteca.

A Biblioteca solicita e agradece aos seus usuarios e usuarias na participación na enquisa.  Para iso simplemente hai que entrar no seguinte enlace e responder mediante simples "clics" de rato as preguntas que se formulan.

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal