17 xuño, 2009 | 18:25:00
Scopus aumenta a súa cobertura de revistas de Artes e Humanidades con 1.450 títulos máis
Scopus ven de anunciar a incorporación de 1.450 novos títulos de revistas correspondentes ás áreas de Humanidades. Con iso o número total de revistas de Artes e Humanidades indexadas por Scopus ascende a 3.500 títulos de disciplinas como: historia, literatura e teoría literaria, lingüística, filosofía, arqueoloxía, arte, arquitectura e deseño, educación, psicoloxía, antropoloxía... Para máis detalles pode consultarse o documento "Arts & Humanities in Scopus".
Grazas a esta ampliación, os investigadores e estudiosos dos ámbitos de Artes e Humanidades, así como os das Ciencias Sociais, non só ven incrementadas as súas posibilidades de procura bibliográfica en
Scopus, senón que tamén poden obter un mellor rendemento das ferramentas de
Scopus para avaliación da produción científica e análise bibliométrico:
journal analyzer, cálculo do índice H
, citation tracker e outras ferramentas de produtividade
.
Máis de 1.000 editores de todo o mundo están representados nesta ampliación do contido de Humanidades indexado por
Scopus. Entre eles incorporouse o portal de revistas-e
Project MUSE ao que a
Biblioteca Universitaria facilita acceso dende 2007. Do mesmo xeito ampliouse a cobertura de revistas de Humanidades en idiomas diferentes ao inglés. Así, por exemplo, indexanse 305 revistas en francés, 265 en alemán, 129 en italiano, 119 en castelán, 34 en portugués... Entre as revistas publicadas en España que agora inclúe
Scopus figura
Sociolinguistic Studies (anteriormente
Estudos de Sociolingüística) da Universidade de Vigo. A relación completa de títulos de Humanidades indexados por Scopus pode consultarse en:
www.info.scopus.com/ah/?utm_source=ECU001&utm_campaign=&utm_content= .
Calquera investigador ou docente da Universidade de Vigo pode suxerir a
Scopus a inclusión de novos títulos para ser indexados. Para iso hai que entrar na páxina
"Scopus: suggest a title to be indexed by Scoups" e cumprimentar o formulario que alí se ofrece.