3 xuño, 2009 | 14:25:00

Enquisa PREME do mes de xuño: a satisfacción coas coleccións de materiais impresos

Rematado o mes de maio, corresponde lanzar unha nova pregunta da enquisa dixital PREME (uha pregunta ao mes) deseñada para intentar captar o grao de satisfacción dos usuarios cos servizos que presta a Biblioteca Universitaria.  Nesta ocasión a pregunta refírese ás coleccións de materiais impresos (básicamente libros e revistas) que a Biblioteca poñe a disposición dos seus usuarios e usuarias.

Repartidas nas 11 bibliotecas que compoñen a Biblioteca da Universidade de Vigo, as coleccións impresas están formadas segundo os últimos datos oficialmente publicados por REBIUN de 519.349 volumes en 12.239 títulos de revistas en papel (datos a 31 de decembro de 2008).  Xunto aos recursos electrónicos (revistas-e, bases de datos, libros-e), completan as coleccións impresas os ´materiais non librarios´ (mapas, fotografías, diapositivas, microformas...) e outros soportes como vídeos, CD-ROMs e DVDs. Dende a Dirección da Biblioteca anímase aos membros da comunidade universitaria e ao resto de usuarios a responder a esta sinxela enquisa: indique o seu grao de satisfacción coas coleccións de libros e revistas impresas da Biblioteca Universitaria.

Con respecto á enquisa do mes de maio, coa pregunta "está satisfeito/a cos servizos de préstamo interbibliotecario e obtención de documentos?", obtivéronse un total de 138 enquisas completadas sobre un total de 228 iniciadas. A media de satisfacción sitúase en 4,39 puntos sobre 5, cun 1% dos respondentes nada satisfeito, un 4% moi pouco, un 9% algo, un 25% bastante, un 54% moi satisfeito e un 8% de ´non sabe/non contesta´.  Por sectores o maior número de persoas participantes na enquisa pertence ao PDI (56%), seguido do alumnado de 3º ciclo (17%), o alumnado de 1º e 2º ciclo (11%), o PAS (9%) e os usuarios externos (7%). Grazas a todos eles!.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en calidade , enquisas , usuarios
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

marzo 2025
LMMXVSD
242526272812
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31123456
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal