Co gallo do inicio dos exames ordinarios do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria pon en marcha a súa programación de aperturas especiais en horario nocturno e de fin de semana dende o 9 de maio ata o vindeiro 19 de xuño. As aperturas desenvolveranse nunha biblioteca de cada un dos campus: Biblioteca Central de Ourense, Biblioteca Central de Pontevedra (no edificio da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación) e Biblioteca de Torrecedeira en Vigo.
Os horarios nocturnos, de luns a venres, proceden da ampliación ata as 3:00 h. da mañá do horario ordinario e prolongaranse dende o luns 11 de maio ao venres 19 de xuño. Pola súa banda, os horarios de fin de semana terán lugar de 8:00 a 22.00 h. dos sábados e domingos comprendidos entre o día 9 de maio e o día 14 de xuño, ambos os dous incluidos.