4 maio, 2009 | 11:48:00

Satisfacción co servizo de préstamo interbibliotecario: enquisa ”PREME” do mes de maio

Co inicio do mes de maio, a Biblioteca Universitaria lanza unha nova pregunta no marco da súa enquisa dixital de satisfacción "PREME" (unha pregunta cada mes).  Neste caso a pregunta versa sobre a satisfacción dos usuarios e usuarias cos servizos de préstamo interbibliotecario e obtención de documentos.

O servizo de préstamo interbibliotecario ten como obxectivo fundamental o subministro de documentos (orixinais ou reproducións) que solicitan os usuarios e que non se atopan nas coleccións da Biblioteca da Universidade de Vigo, para o que acude a outras bibliotecas nacionais e estranxeiras. Do mesmo xeito, e en reciprocidade, o servizo atende as solicitudes que formulan outras bibliotecas alleas a UVigo de documentos que están nas coleccións da Biblioteca Universitaria. Para coñecer o grao de satisfacción dos usuarios e usuarias con este servizo, faise ao longo deste mes de maio a pregunta "está satisfeito/a cos servizos de préstamo interbibliotecario e obtención de documentos?"

Doutra banda, en relación cos resultados da enquisa de abril (está satisfeito/a coa oferta de recursos electrónicos da Biblioteca?) recolléronse un total de 78 enquisas sobre 179 iniciadas. Do total de enquisas rematadas o 45% corresponde ao PDI, o 22% ao alumnado de 1º e 2º ciclo, o 14% ao PAS e o 10% ao alumnado de 3º ciclo. A isto hai que engadir un 9% de ´non sabe/non contesta´.  Unha vez máis, por mor das baixas tasas de resposta, a media de satisfacción (3,93 sobre 5) unicamente ten carácter indicativo. Como nos meses precedentes, a Biblioteca Universitaria quere expresar o seu agradecemento ás personas que responderon á enquisa, así como animar a toda a comunidade universitaria a colaborar na enquisa de maio.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en usuarios , calidade , enquisas
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal