Mañá, dia 4 de marzo, e con motivo do Día Internacional da Muller, inaugúrase ás 18.00 h na Biblioteca Central do campus de Pontevedra a exposición sobre os 25 anos da revista Andaina. Organizada pola Vicerreitoría do campus de Pontevedra, a mostra desenvolverase do 4 ao 17 de marxzo.
A exposición conmemora os 25 anos que leva Andaina abordando temas coma a violencia contra as mulleres, a discriminación laboral, a desigualdade no acceso a cargos, a desigualdade no reparto das cargas domésticas, etc. Do mesmo xeito, o día 5 de marzo celebrarase unha Mesa redonda sobre a "Violencia de Xénero" as 12.00 h. no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.