2 marzo, 2009 | 20:18:00

Pregunta PREME do mes de marzo: a satisfacción cos horarios da Biblioteca

Co inicio do mes de marzo, a Biblioteca Universitaria lanza unha nova pregunta da enquisa PREME (unha pregunta ao mes).  Neste caso a pregunta versa sobre os horarios, tanto ordinarios como extraordinarios, de apertura das bibliotecas.  Desde hoxe, 2 de marzo, e ata o vindeiro dia 31, está á disposición dos usuarios e usuarias da Biblioteca a pregunta "Está vostede satisfeito/a cos horarios ordinarios e extraordinarios de apertura da biblioteca?"  Unha vez máis a Biblioteca Universitaria prega e agradece aos usuarios a súa participación.  [ Imaxe: Street-Spirit, tomada de Flickr:   www.flickr.com/photos/street_spirit/2278537946/  ].

Doutra banda, en canto á pregunta do mes de febreiro sobre a satisfacción co trato e atención que os usuarios reciben por parte do persoal da Biblioteca Universitaria, recolléronse un total de 115 cuestionarios finalizados sobre 234 iniciados. Aínda que a media de satisfacción é de 4,55 sobre 5 (61% dos que responden decláranse moi satisfeitos, 30% bastante satisfeitos, 3% algo satisfeitos, 1% pouco satisfeitos, 1% nada satisfeitos e 3% non sabe-non contesta), o nivel de resposta acadado non permite considerar representativos os resultados obtidos, polo cal os datos ofrecénse soamente a título indicativo.
Por segmentos, de novo a maior participación rexistrouse entre o PDI (39% dos que respondieron á enquisa), seguido do alumnado de 1º-2º ciclo (24%) e o PAS da Universidade (16%). En todo caso, a Biblioteca quere agradecer ás persoas que responderon á enquisa a súa colaboración, así como insistir en pregar aos usuarios que participen contestando as preguntas que se formulen en este e os próximos meses.
Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en calidade , enquisas , usuarios
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal