A Biblioteca Universitaria participa nos obradoiros de extensión universitaria organizados pola Universidade de Vigo cun curso sobre a "Busca e xestión de información para un traballo académico". O obradoiro, cunha duración de 20 horas, ten o recoñecemento de 1 crédito de libre elección.
O obradoiro desenvolverase na Aula de Formación da Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) os vindeiros días 24, 26 e 31 de marzo, e 2, 14, 16, 21 e 23 de abril, cun horario de 15:30 a 18:00 horas. O programa inclúe os seguintes contidos:
- A información e as súas fontes
- A estratexia de busca
- Recursos de información na Biblioteca Universitaria: OPAC, bases de datos, revistas-e, metabuscador Pórtico e SFX
- Outras fontes de información: Dialnet e Compludoc. Os buscadores científicos. O Open Access
- Avaliar e xestionar a información
- A web social
Para máis información e inscribirse consultar a páxina: http://extension.uvigo.es/contidos/obradoiros.html