11 xaneiro, 2009 | 20:35:00
Restaurado o acceso a enquisa ´Preme´ do mes de xaneiro
Por mor de problemas técnicos, a enquisa mensual da Biblioteca Universitaria non foi activada ata o pasado sábado, día 10 de xaneiro. Pregamos desculpas aos usuarios e usuarias da Biblioteca, en especial a aqueles que intentaron responder á enquisa durante os días pasados.
Rematado o mes de decembro, a Biblioteca Universitaria continua co desenvolvemento da súa enquisa de opinión PREME (unha pregunta cada mes) dirixida aos seus usuarios. Neste caso, a pregunta do mes de xaneiro trata sobre os edificios e instalacións bibliotecarias.
Con presenza nos tres campus, a Biblioteca Universitaria está integrada por 11 edificios abertos a toda a comunidade universitaria: Biblioteca Central do campus de Ourense, Biblioteca Central do campus de Pontevedra, Biblioteca Central do campus de Vigo, Biblioteca de Torrecedeira (tamén en Vigo), Biblioteca de Belas Artes (Pontevedra) e as Bibliotecas de Ciencias Experimentais, Ciencias Xurídicas, Económicas e Empresariais, Filoloxía e Tradución, Industriais-Minas e Telecomunicación, todas elas no campus de Lagoas-Marcosende en Vigo.
Coa finalidade de coñecer a opinión dos/as usuarios/as sobre estes edificios, en termos de confortabilidade, amplitude de espazos, estado de limpeza, volume de postos de estudo e traballo, etc., ao longo desde mes de xaneiro formúlase a pregunta:
Parécenlle satisfactorios os edificios das bibliotecas da UVigo (confort, amplitude, limpeza, postos de estudo...)?. Unha vez máis prégase a participacion dos diversos colectivos que forman a comunidade universitaria e, en xeral, de todos os usuarios da Biblioteca.