2 xaneiro, 2009 | 14:07:00

Está satisfeito cos edificios das bibliotecas?: pregunta de xaneiro da enquisa ´PREME´

Rematado o mes de decembro, a Biblioteca Universitaria continua co desenvolvemento da súa enquisa de opinión PREME (unha pregunta cada mes) dirixida aos seus usuarios.  Neste caso, a pregunta do mes de xaneiro trata sobre os edificios e instalacións bibliotecarias.

Con presenza nos tres campus, a Biblioteca Universitaria está integrada por 11 edificios abertos a toda a comunidade universitaria: Biblioteca Central do campus de Ourense, Biblioteca Central do campus de Pontevedra, Biblioteca Central do campus de Vigo, Biblioteca de Torrecedeira (tamén en Vigo), Biblioteca de Belas Artes (Pontevedra) e as Bibliotecas de Ciencias Experimentais, Ciencias Xurídicas, Económicas e Empresariais, Filoloxía e Tradución, Industriais-Minas e Telecomunicación, todas elas no campus de Lagoas-Marcosende en Vigo.

Coa finalidade de coñecer a opinión dos/as usuarios/as sobre estes edificios, en termos de confortabilidade, amplitude de espazos, estado de limpeza, volume de postos de estudo e traballo, etc., ao longo desde mes de xaneiro formúlase a pregunta: Parécenlle satisfactorios os edificios das bibliotecas da UVigo (confort, amplitude, limpeza, postos de estudo...)?.  Unha vez máis prégase a participacion dos diversos colectivos que forman a comunidade universitaria e, en xeral, de todos os usuarios da Biblioteca.

Doutra banda, con relación á pregunta do mes de decembro (En xeral, está satisfeito co servizo da Biblioteca Universitaria?) recolléronse un total de 226 respostas válidas que amosan un bo nivel de satisfacción xeral: un 2% declarou estar moi pouco satisfeito con servizos bibliotecarios, un 10% algo satisfeito, un 44% bastante satisfeito e outro 42% moi satisfeito (a maiores un 2% dos que responderon figura na categoría "non sabe/non contesta").  Por sectores, do total de persoas que responderon á enquisa, un 43% forma parte do PDI, un 32% do alumnado de 1º e 2º ciclo, un 16% do PAS, un 8% do alumnado de 3ª ciclo e posgrao, e un 1% de usuarios externos. A Biblioteca quere agradecer a todos eles a súa participación así como o elevado grao de suxestións que formularon.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en usuarios , enquisas , calidade
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal