Continuando co esforzo por coñecer mellor a opinión dos seus usuarios e usuarias, a Biblioteca da Universidade de Vigo lanza a nova pregunta do seu sistema de enquisas dixitais PREME (unha pregunta cada mes). Nesta ocasión, a pregunta, que corresponde ao mes de decembro, refírese ao grao de satisfacción xeral co servizo da Biblioteca Universitaria.
A enquisa forma parte do sistea de xestión da calidade ISO 9001 da Biblioteca e materializa o seu compromiso de desenvolver a mellora continua e a orientación ao usuario. Desde xeito, a Biblioteca prega aos usuarios e usuarias que colaboren cubrindo o cuestionario dixital. A enquisa é completamente anónima.